sábado, 4 de febrero de 2012

¿Evolucionamos ou involucionamos?



Hai uns 4.600 millóns de anos a codia da Terra comezou a consolidarse e as erupcións dos volcáns empezaron a formar a atmosfera, o vapor de auga e os océanos. Posteriormente, o progresivo arrefriamento da auga e da atmosfera permitiu o nacemento da vida, cuxo inicio ten lugar no mar en forma de bacterias e algas, das que derivamos todos os seres vivos que habitamos hoxe o noso planeta tras un longo proceso de evolución biolóxica.
Polo tanto, parece claro que a auga deunos a vida e, a súa vez, segue a facer posible esta. Sen auga non poderiamos vivir. De feito, a xustificación á que sempre recorremos para explicar porque é posible a vida no noso planeta é (ademais da temperatura media de 15 ºC, posible grazas a que a Terra se encontra á distancia adecuado do Sol, e da presenza dunha atmosfera, que evita que polo día se quente demasiado e que pola noite arrefríe) a presenza de auga en estado líquido, que constitúe unha diferenza esencial respecto a outros planetas.
Non obstante, e aínda que o ser humano distínguese do resto dos seres vivos pola razón, o certo é que pouco ten de razoable que levemos tanto e tanto tempo depositando e vertendo o noso lixo e os nosos residuos na auga, provocando así a contaminación desta e, xa que logo, contribuíndo á degradación dos ecosistemas naturais, esencias para manter a biodiversidade e tamén o benestar humano. Parece contraditorio que atentemos contra un recurso que hai 4.600 millóns de anos posibilitou a vida e que o segue a facer. Desde logo, máis que razón, parece que nos movemos pola sen razón e semella que en lugar de evolucionar, involucionamos. 

3 comentarios:

  1. Totalmente de acuerdo contigo.
    Pensamos que como estamos rodeados de agua que, por malgastarla, no pasa nada porque es un bien que se regenera.
    Pero la realidad es bien diferente porque, como tu misma indicaste, es un recurso que se nos ha estado proporcionando durante millones de años a todas las especies que habitan en el planeta. Pero el ser humano va ser el causante de que este bien desaparezca debido a las malas acciones que estamos realizando

    ResponderEliminar
  2. Para tratar o problema de verter o lixo na agua debemos remontarnos os primeiros anos despois de Cristo.Creo recordar que sobre o ano 109 despois de Cristo o emperador Trajano mandou construir un acueduto para abastecer a zona da ribeira oriental do Tíber convertendose nun dos primeiros do mundo. Xa cara o ano 350 despois de Cristo había 11 grandes acueductos que surtían auga a Roma. Quizáis por necesidade, nalgúns casos tivose que modificar o curso natural dos ríos. Verter o lixo nos ríos e nos mares era unha forma de "esconder" ou "facer desaparecer" de forma rápida o que non se necesita. Co tempo as plantas de reciclaxe foron substituíndo estes lugares, pero obviamente aínda queda moito por facer e o mundo non está tan "modernizado" nalgunhas áreas.Aínda que estou segura de que as persoas dos países en vías de desenvolvemento poderían ensinarnos máis do que nós pensamos...

    ResponderEliminar
  3. Parece tan sarcástico que de algo que salio la vida le paguemos dándole la muerte, la contaminación, la indiferencia..., seguramente pocos sabemos que el agua es la distinción de nuestro planeta, ese planeta que tiene los recursos perfectos para sobrevivir, y que nosotr@s, escaseando de razón, estamos destruyendo.

    ResponderEliminar