Gustaríame comezar este post cunha das frases enunciadas por Carlos Taibo
na súa conferencia na que afirma que “o desenvolvemento non mellorou o mundo
nin a felicidade dos cidadáns. Ao contrario, o hiperconsumo é un indicador de infelicidade”.
Paréceme este un gran argumento para frear o desproporcionado crecemento na
actualidade, pois a meta do ser humano debe ser a felicidade e se o crecemento
non nos axuda a ela, ¿entón para que serve? Para esgotar os recursos dos que
dispomos, para xerar problemas ambientais, para multiplicar os residuos que
xeramos no noso día a día… ¿E isto danos felicidade? Unha vez máis a resposta é
non. Entón, ¿por qué non cambiar este modelo inútil e prexudicial tanto para
nós coma para o medio ambiente? A solución que propón Carlos Taibo é, a pesar
de existiren na miña opinión outras mellores coma o crecemento sostible,
aceptable: freemos o crecemento desorbitado e apostemos por conseguir a
felicidade mediante o ocio creativo, o reparto do traballo e aspectos máis
amplos cos que obteremos unha gran gratificación como son o coidado do medio
ambiente e a garantía de que as futuras xeracións poderán ser felices no noso
planeta.
A continuación déixovos unha viñeta que recolle todo o afirmado neste post
e, na miña opinión, anímanos a reflexionar e a optar polo decrecemento, non só
polo noso ben, senón polo ben de todo o medio ambiente.
Cuánta razón. Cuánto más tenemos, más queremos y en definitiva, no valoramos adecuadamente las cosas.
ResponderEliminarTu viñeta es muy ilustrativa porque nos engañamos a nosotros mismos (para estar en la órbita social) de que teniendo un sinfín de recursos seremos más felices.