jueves, 29 de marzo de 2012

As consecuencias da seca


Estas dúas fotografías foron sacadas o 29 de marzo do 2012 na aldea de Rozavales, do concello de Manzaneda (Ourense). Estes dous obxectos pódense observar porque o río San Lázaro está baixo mínimos como consecuencia da gran seca pola que estamos pasando.
Anos anteriores estes e outros obxectos non se podían observar debido a que o caudal do río os cubría completamente. Este lixo estivo, en primeiro lugar, contaminando a agua que baixaba no caudal e, en segundo lugar, agora está perxudicando o solo. Debo mencionar que ademais de encontrar o neumático e o cubo tamén me encontrei con bolsas de plástico e outros moitos obxectos que están provocando tanto a degradación do solo como a contaminación da pouca auga que baixa no río.
Todas as persoas nos debemos de concienciar en que esta é unha acción moi perxudicial para o medio ambiente polo que debemos colaborar e todos xuntos evitar estas imaxes.

¿É esta a paisaxe que queremos?


As fotografías da presentación retratan paisaxes que poden ser observadas desde a estrada que une Ourense con Castro de Beiro (6 km), paralela á coñecida estrada da “costiña”. Concretamente, as imaxes foron tomadas o 28 de marzo do 2012 e, nun tramo de apenas 200 metros, achei unha gran cantidade de lixo espallada polo monte, e virei a miña mirada cara outro lado, e atopeime coa desoladora paisaxe do monte ardido: árbores e arbustos calcinados e, incluso, a presenza, aínda, dun “tímido” fume.
É verdadeiramente desolador comprobar ata que punto pode chegar a irresponsabilidade e a falta de conciencia medioambiental dos seres humanos. Varios tramos do monte están convertidos en auténticos vertedoiros nos que se poden observar todo tipo de aparellos e residuos: pezas de coches, caixas de bebidas, latas, botellas de plástico e de vidro, sofás, lavadoras, restos de mármore e azulexos dunha obra, ladrillos, bolsas de escaiola, bolsas de plástico de lixo, neumáticos… E a carón deses “vertedoiros”, obsérvanse os tristes resultados dos incendios, a maioría dos cales son provocados, directa ou indirectamente, pola acción humana. Por outra parte, non é de estrañar que o lume se estenda e propague con facilidade tendo en conta a gran cantidade de lixo que hai no monte. Pero non nos podemos quedar só no claro e evidente impacto visual e estético deses montes queimados. O seu impacto e repercusión vai máis alá: destrución da biodiversidade, aumento da desertificación, diminución da calidade das augas e da atmosfera…
É, sen dúbida, unha desoladora paisaxe que se atopa ben preto da nosa cidade. Moitas veces, cando pensamos en problemas medioambientais, cremos que é algo afastado de nós, moi global, ante o cal non podemos facer nada… Aquí temos un claro exemplo de que si somos responsables de ataques contra o medioambiente e de que si podemos levar a cabo accións locais para previr ditas agresións.
Ogallá estas fotos nos fagan, cando menos, reflexionar… 

Os montes galegos non son vertedoiros

¿Qué podemos atopar nun monte?



Esta fotografía foi feita o pasado venres, 23 de Abril de 2012 na localidade de Sande, pertencente ao concello de Cartelle, na provincia de Ourense. A idea da fotografía comezou preguntándolle á miña familia se coñecían algún lugar que estivese moi contaminado, ao que a miña avoa contestou: claro que si, cando eu era nova a xente tiraba gran parte do lixo nun monte. Así que decidín ir a ese lugar, pensando que quizais xa non habería nada, dende os tempos da miña avoa… Pero ao chegar alí a sorpresa foi maiúscula. Parece ser que non só nos tempos da miña avoa (quizais por ignorancia) a xente tiraba o lixo ao monte, non, atopei bolsos, caixas de plástico, sacos, bolsas, ladrillos, baldosas, caldeiros, zapatos… É certo que moitos poden ser daquela época, pero moitos víanse que aínda foran tirados recentemente, e actualmente non temos a “escusa” do descoñecemento, polo que me pregunto: ¿por qué a xente segue facendo iso? A verdade e que non atopo unha resposta: resúltalles moito máis laborioso levar o lixo ata o medio do monte ca depositalo no contenedor que teñen ao lado da casa, sofren o risco de seren multados, modifican unha paisaxe tan bonita como son os nosos montes, e o máis grave: atentan contra o medio ambiente, pois as botellas de plástico tardan de 100 a 1000 anos en descomporse, os zapatos arredor de 200 anos, as botellas de vidro 4000 anos, as bolsas de plástico 150 anos… anos, anos e máis anos que van acabando co noso planeta ano a ano. E sen planeta, ¿Qué futuro temos? A resposta e obvia: NINGÚN. Isto é algo que a xente debe coñecer, porque na miña opinión se  a xente soubese as graves consecuencias de tirar lixo no monte pensaríano dúas, tres ou mil veces antes de facelo. E, ¿Cómo conseguir que a xente saia da súa ignorancia e deixe de lado accións tan prexudiciais tanto para o medio ambiente como para eles mesmos? Mediante a educación. Ensinémoslles aos nenos que todos os seus actos teñen consecuencias e que algunhas son moi graves, ensinémoslles a reciclar e reutilizar os residuos, ¡¡¡ensinémoslles a querer o medio ambiente!!! 

jueves, 22 de marzo de 2012

Día Mundial del Agua


Feliz Día Mundial da Auga a tod@s!!!

Hoxe, día 22 de marzo, celébrase o Día da Auga en todo o mundo. Para orientarvos historicamente, compre dicir que o Día Mundial da Auga foi establecido na Conferencia das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e Desenvolvemento na cumbre de Río de Xaneiro do ano 1992.
Non é que só teñamos que darlle importancia á auga  este día, por dedicarllo especialmente a este recurso. Este día o que lembra e conmemora é o uso responsable da auga por parte de todos, pois é un ben imprescindible para a vida. Concretamente, neste ano, o Día Mundial da Auga ten como lema ”Auga e Seguridade Alimentaria”, tema que será tratado en tres eventos internacionais destacados: no Foro Mundial da Auga, no Día Mundial da Auga e na Semana Mundial da Auga. Nestes eventos abordaranse as relacións entre a auga e a produción de alimentos, así como a forma de alimentar unha poboación mundial en crecemento dentro dos límites dos nosos recursos hídricos.
Agora déixovos un vídeo elaborado pola ONU e a FAO para explicar a relación entre a auga e os alimentos. Lembrade que a auga é necesaria para a vida e, agora máis que nunca, coas alteracións climatolóxicas que estamos a vivir, é fundamental que a empreguemos con responsabilidade.


miércoles, 21 de marzo de 2012

¡Hoxe o noso blog está de celebración!

A pesar de que todos os días deberíamos ser conscientes da importancia de coidar un recurso tan importante no noso planeta como é a auga, hoxe é o día elixido para conmemorar o DIA DA AUGA. 
E para facervos reflexionar unha vez máis déixovos o seguinte vídeo no que se suceden imaxes que seguro que vos impactan e vos fan darvos conta da importancia deste ben.




Outro vídeo que pareceu tamén moi interesante foi este, narrado por nenos que con bonecos de plastilina e debuxos nos ensinan os usos da agua no noso día a día e nos conciencian do problema da agua e das medidas precisas para evitar malgastala.




Finalmente déixovos cunha frase de O.Masio:

 "Sólo cuando hayas cortado el último árbol, sólo cuando hayas contaminado el último río, sólo cuando hayas pescado el último pez, sabrás que el dinero no se puede comer". 

 ¡Feliz día da auga a tod@s!

O valor da auga

Suri, unha romántica

Xeli pide axuda!!!

O desxeo

Xiana coida a praia