martes, 28 de febrero de 2012

¿Decrecemento? Eu prefiro chamarlle crecemento como persoas felices…


Claramente, asistimos a unha crise do sistema capitalista, baseado nun crecemento desenfreado, que está exercendo agresións medioambientais irreversibles e esgotando os recursos. Polo tanto, e aproveitando unha das metáforas empregadas por Carlos Taibo, é inútil seguir poñendo toallas: hai que pechar a billa; hai que deixar de seguir crecendo, porque he aí o problema. Aparece así o concepto de decrecemento como unha alternativa, aínda que eu prefiro referirme a el da forma en que eu o entendo: “DECRECEMENTO É CRECEMENTO”. Crecemento como persoas que se decatan de que a súa felicidade non depende do consumismo e da avaricia. Xa o di o refrán: “a avaricia rompe o saco”… E, neste caso, o noso planeta non está lonxe de converterse nese saco… Decrecemento non é ir cara atrás, senón cara adiante por medio dunha reflexión que se traduza nun consumo sostible. ¿UTÓPICO? ¿Difícil de aplicar? ¡NON! Paréceme moi ilustradora para apoiar esta resposta negativa a metáfora dos indios e os coitelos para cortar a leña: os coitelos (o avance) permitíanlles cortar a leña NECESARIA en MENOS TEMPO e aproveitar o TEMPO LIBRE (que agora era maior) noutras ACTIVIDADES máis RECREATIVAS, mentres que os americanos crían que os empregarían para aumentar a súa produción de leña. Traslademos esta metáfora ás nosas vidas: sirvámonos dos avances que están ao alcance das nosas mans para satisfacer as nosas auténticas necesidades e aproveitemos o maior tempo libre, xa que estes avancen facilitan o traballo, para levar a cabo actividades como as realizadas por aquel pescador: actividades que nos fagan felices.

¡¡Coidado coa chuvia!!!

Imos de pesca!


A contaminación dos ríos e mares pódese evitar?

lunes, 27 de febrero de 2012

¿O remedio o hiperconsumismo é o decrecemento?

Despois de ver a conferencia sobre o decrecemento de Carlos Taibo debo dicir que nos países ricos hai que diminuír a produción e o consumo, xa que vivimos por encima de nosas posibilidades, danando constantemente o medio ambiente e esgotando os recursos naturais.
Un aspecto importante é que nos países desenvoltos, a pesar de poder satisfacer todas as súas necesidades, non conta con persoas totalmente felices. Esta xente infeliz cae sempre na tentación de mercar a causa da publicidade que lles incita constantemente a ter produtos que en realidade non necesitan, chegando así o hipersonsumismo. Debido a isto malgastamos sen ser conscientes das repercusións que isto pode levar ao medio ambiente. Pero iso soe ser irrelevante, xa que ninguén se para a recapacitar nas consecuencias que causa o feito de mercar por mercar.
En cambio,nos países subdesenvoltos nas que as súas necesidades son mínimas, comparadas cas nosas, son máis felices, confórmanse con pouco, e non necesitan a metade das cousas que outras persoas precisan para ser felices.
Finalmente, debo dicir que debemos ser conscientes de que para cubrir as nosas necesidades no futuro, debemos deixar o hiperconsumo a un lado, e respectar todo aquilo que máis adiante necesitaremos. Para isto debémonos concenciar e deixar de ser egoístas, xa que non pensamos nos recursos que estamos malgastando sen ningunha necesidade.

É viable o decrecemento?


Unha vez observada a conferencia de Carlos Taibo sobre o decrecemento podo dicir que os partidos políticos extremistas  non son bos para  gobernar o noso mundo, xa que estes so pensan nos seus beneficios e non se paran a observar as consecuencias negativas que están provocando.

Carlos Taibo ten razón can di que as persoas que viven nos países desenvoltos nunca están conformes co que teñen. Hoxe por hoxe, na maior parte do planeta ten prioridade o concepto de malgastar, o que nos dirixe ao hiperconsumo e a degradación do medio ambiente. Na actualidade vivimos nunha sociedade de envexa xa que nunca estamos conformes co que temos e seguimos pedindo máis. 

África, entre outros países subdesarrollados, son un claro exemplo de sociedade no que aprenden a sobrevivir cun mínimo de recursos. Estas persoas pasan moitas necesidades pero aínda así son felices co pouco que teñen. Todo o contrario ocorre no resto do mundo, porque no momento en que falta algo, aínda que non sexa de primeira necesidade, xa non sabemos que facer para conseguilo. Debemos ter en conta que o que está pasando hoxe en África tamén pasou aquí non hai moitos anos. Estas persoas consideráronse moi felices e din que agora a felicidade non existe porque non sabemos sobrevivir sen cousas que non eran necesarias.

Dende o meu punto de vista, penso que deberíamos de concienciar a todos de que vivir nunha sociedade de hiperconsumo é un erro xa que para producir os obxectos necesitamos materiais que no futuro se esgotaran.

domingo, 26 de febrero de 2012

¿Crecemento = felicidade?


Gustaríame comezar este post cunha das frases enunciadas por Carlos Taibo na súa conferencia na que afirma que “o desenvolvemento non mellorou o mundo nin a felicidade dos cidadáns. Ao contrario, o hiperconsumo é un indicador de infelicidade”. Paréceme este un gran argumento para frear o desproporcionado crecemento na actualidade, pois a meta do ser humano debe ser a felicidade e se o crecemento non nos axuda a ela, ¿entón para que serve? Para esgotar os recursos dos que dispomos, para xerar problemas ambientais, para multiplicar os residuos que xeramos no noso día a día… ¿E isto danos felicidade? Unha vez máis a resposta é non. Entón, ¿por qué non cambiar este modelo inútil e prexudicial tanto para nós coma para o medio ambiente? A solución que propón Carlos Taibo é, a pesar de existiren na miña opinión outras mellores coma o crecemento sostible, aceptable: freemos o crecemento desorbitado e apostemos por conseguir a felicidade mediante o ocio creativo, o reparto do traballo e aspectos máis amplos cos que obteremos unha gran gratificación como son o coidado do medio ambiente e a garantía de que as futuras xeracións poderán ser felices no noso planeta.
A continuación déixovos unha viñeta que recolle todo o afirmado neste post e, na miña opinión, anímanos a reflexionar e a optar polo decrecemento, non só polo noso ben, senón polo ben de todo o medio ambiente.

DECRECER: ¿UNHA ALTERNATIVA Á CRISE?

Só algúns valentes como o profesor Carlos Taibo difunden o decrecemento, pois non é un movemento moi estendido, pero eu véxoo como unha posible alternativa á crise económica e medioambiental. Penso no decrecemento como unha forma de escape, pero tamén como unha forma de vida que era normal ata hai pouco. Coincido co profesor en que non todos deben decrecer: os pobres que habitan nos países máis desenvoltos e a cidadanía que reside en países pobres deben crecer. Así mesmo, o crecemento das sociedades máis desenvoltas non implica a felicidade das persoas, pois como na metáfora do pescador mexicano e do turista estadounidense, hai persoas que co pouco que teñen son felices. Como contraste, chamoume a atención a porcentaxe de infelicidade da poboación de EE.UU. pois aumentou nos últimos anos a pesar de vivir nun dos países máis avanzados do mundo en tecnoloxía, infraestruturas e recursos.
Por outro lado, o crecemento económico de países como EE.UU ou España, realízase a costa da explotación do medio ambiente e do esgotamento dos recursos, algúns dos cales non se recuperarán. O exemplo da alta velocidade pódese aplicar ao recente tren Ourense-Santiago: ¿alguén se parou a pensar o impacto ambiental que conlevou dar paso a este tren nas montañas galegas? Supón un avance en transporte, pero un claro retroceso na paisaxe galega. Os argumentos do profesor Taibo foron convincentes e penso que a moitos nos fixeron reflexionar, pois eu nunca analizara a sociedade dende a perspectiva do decrecemento.

martes, 14 de febrero de 2012

¡SOS! ¡As brañas galegas reclaman a nosa atención!

Galicia descuida sus humedales
View more presentations from crisvipe.




Aquí vos deixo un interesante vídeo relacionado coa noticia no que se fala do valor das brañas, das accións humanas que están contribuíndo á súa degradación e desaparición, as consecuencias para o noso planeta desta degradación das brañas e posibles solucións.




“Todos dependemos del agua, cada uno de nosotros podemos influir, todos somos responsables de proteger los humedales”.

Noticia: Inundacións por desxeo (fronte polar siberiana)

lunes, 13 de febrero de 2012

El Tajo entra en prealerta por sequía y pone en riesgo el trasvase al Segura

Noticia "Descende o caudal dos ríos ibéricos nos últimos 60 anos"

Os ecoloxistas ven poucos os motivos polos que celebrar o décimo aniversario da aprobación do Catálogo de Zonas Húmedas. Hoxe en día, o único motivo polo que respiran máis tranquilos en canto a destrucción e desaparición dos humedales é que a gran crise que atravesa o país está provocando un descenso acusado da construcción de zonas urbanas.Ademais da construcción de vivendas, os outros factores de grande importancia son os vertidos de residuos sólidos, a falta de auga ou auga de mala calidade que contén fósforo procedente dos regadíos. Todos estes factores fan que os humedales desaparezcan pero tamén provocan grandes desastres tanto na flora como na fauna debido a contaminación da auga.

Dende o meu punto de vista, penso que o que hoxe está ocorrendo con moitos dos humedales de España e do mundo en xeral é unha acción salvaxe xa que ademais de desaparecer o humedal por completo nos mesmos estamos provocando que a flora e a fauna dun lugar determinado se acabe estinguindo. Todo isto fará que se produzca a ruptura da cadea alimenticia.

Finalmente, dicir que no momento en que se destrúe un humedal ninguén se quere facer cargo dos danos ocasionados no medio ambiente e pásanse a pelota dun lado a outro.


sábado, 4 de febrero de 2012

¿Evolucionamos ou involucionamos?



Hai uns 4.600 millóns de anos a codia da Terra comezou a consolidarse e as erupcións dos volcáns empezaron a formar a atmosfera, o vapor de auga e os océanos. Posteriormente, o progresivo arrefriamento da auga e da atmosfera permitiu o nacemento da vida, cuxo inicio ten lugar no mar en forma de bacterias e algas, das que derivamos todos os seres vivos que habitamos hoxe o noso planeta tras un longo proceso de evolución biolóxica.
Polo tanto, parece claro que a auga deunos a vida e, a súa vez, segue a facer posible esta. Sen auga non poderiamos vivir. De feito, a xustificación á que sempre recorremos para explicar porque é posible a vida no noso planeta é (ademais da temperatura media de 15 ºC, posible grazas a que a Terra se encontra á distancia adecuado do Sol, e da presenza dunha atmosfera, que evita que polo día se quente demasiado e que pola noite arrefríe) a presenza de auga en estado líquido, que constitúe unha diferenza esencial respecto a outros planetas.
Non obstante, e aínda que o ser humano distínguese do resto dos seres vivos pola razón, o certo é que pouco ten de razoable que levemos tanto e tanto tempo depositando e vertendo o noso lixo e os nosos residuos na auga, provocando así a contaminación desta e, xa que logo, contribuíndo á degradación dos ecosistemas naturais, esencias para manter a biodiversidade e tamén o benestar humano. Parece contraditorio que atentemos contra un recurso que hai 4.600 millóns de anos posibilitou a vida e que o segue a facer. Desde logo, máis que razón, parece que nos movemos pola sen razón e semella que en lugar de evolucionar, involucionamos. 

viernes, 3 de febrero de 2012

Non me malgastes, podería ser a última.



Esta é unha viñeta que debería de estar espallada por todo o planeta para así facerlle ver a todas as persoas a gran cantidade de auga que se está desperdiciando cada vez que unha persoa se ducha. Ademais desta reflexión, debemos de concieciarnos que mentres nos países desenvolvidos se está malgastando a auga noutros puntos do mundo é moi escasa ou nula. Por iso é labor de tod@s afrontar este problema de maneira conxunta para que todos podamos gozar dese ben tan importante como é a auga.

¿Chegaremos a ter que imaxinar a chuvia?



A pouca importancia que lle prestamos a auga, un ben fundamental para a vida, é síntoma do pouco coñecemento existente sobre a mesma. O feito é que non nos damos conta, pero a contaminación do aire, do solo, da propia auga, a deforestación, o cambio climático... todo está afectando a esta sustancia é, por conseguinte, a todo o noso planeta. Nesta viñeta reflíctese como a tala indiscriminada de árbores, xunto coa seca que se está a producir en determinadas zonas do mundo, está a destruír a paisaxe natural de moitos lugares onde non só se perde a vida das plantas, senón tamén a vida de especies animais, converténdose en zonas onde os seres humanos teñen difícil a subsistencia. O cambio climático está a modificar os climas de moitas zonas e os meteorólogos prevén un descenso significativo das precipitacións totais anuais. ¿Chegaremos ao extremo de ter que imaxinar a chuvia?

¡Deixa de ensuciarme!

Hoxe en día existen moitas persoas que tiran lixo ó mar sen ser conscientes de que é moi perigoso para os animais, barcos, bañistas... Se por un momento pensásemos na natureza ou na vida dos animais mariños, seguro que seriamos capaces de tirar os nosos residuos a colectores ou papeleiras. Pero realmente somos máis cómodos, preferimos tiralos onde sexa a cambio de non ter que movernos. Para que aprendamos a non ensuciar a auga, temos que ter sempre presente que esta contaminación tamén nos afecta, posto que formamos parte do medio ambiente, e si  poñemos en perigo os nosos mares e océanos, nos tamén o estamos.

jueves, 2 de febrero de 2012

¿Consentiremos que sexa este o noso futuro?




Na actualidade buscamos a riqueza na roupa, en aparellos informáticos cada vez máis complexos… Estamos tan acostumados a eses grandes luxos que nos esquecemos dos “pequenos” luxos que fan posible o noso día a día: a auga, a luz do sol, as árbores, etc. Deteñámonos un momento e pensemos: vivimos no Planeta Azul, arredor do 70% do noso corpo é auga, bebemos cada día dous litros de auga… ¿Non será pois máis importante para nós unha gota de auga ca todo o ouro do mundo? A resposta é rotunda: Si, porque sen auga non hai vida! Pois ben, co estilo de vida da sociedade actual este recurso está escaseando e a solución está ao alcance da nosa man: ducharnos en lugar de bañarnos, non deixar correr a auga da billa mentres lavamos os dentes, poñer a lavadora chea… centos e centos de pequenos xestos que axudarán a aforrar centos e centos de litros de auga. A conclusión e sinxela: está so na nosa man evitar rematar coma o protagonista da viñeta anterior!