martes, 28 de febrero de 2012

¿Decrecemento? Eu prefiro chamarlle crecemento como persoas felices…


Claramente, asistimos a unha crise do sistema capitalista, baseado nun crecemento desenfreado, que está exercendo agresións medioambientais irreversibles e esgotando os recursos. Polo tanto, e aproveitando unha das metáforas empregadas por Carlos Taibo, é inútil seguir poñendo toallas: hai que pechar a billa; hai que deixar de seguir crecendo, porque he aí o problema. Aparece así o concepto de decrecemento como unha alternativa, aínda que eu prefiro referirme a el da forma en que eu o entendo: “DECRECEMENTO É CRECEMENTO”. Crecemento como persoas que se decatan de que a súa felicidade non depende do consumismo e da avaricia. Xa o di o refrán: “a avaricia rompe o saco”… E, neste caso, o noso planeta non está lonxe de converterse nese saco… Decrecemento non é ir cara atrás, senón cara adiante por medio dunha reflexión que se traduza nun consumo sostible. ¿UTÓPICO? ¿Difícil de aplicar? ¡NON! Paréceme moi ilustradora para apoiar esta resposta negativa a metáfora dos indios e os coitelos para cortar a leña: os coitelos (o avance) permitíanlles cortar a leña NECESARIA en MENOS TEMPO e aproveitar o TEMPO LIBRE (que agora era maior) noutras ACTIVIDADES máis RECREATIVAS, mentres que os americanos crían que os empregarían para aumentar a súa produción de leña. Traslademos esta metáfora ás nosas vidas: sirvámonos dos avances que están ao alcance das nosas mans para satisfacer as nosas auténticas necesidades e aproveitemos o maior tempo libre, xa que estes avancen facilitan o traballo, para levar a cabo actividades como as realizadas por aquel pescador: actividades que nos fagan felices.

No hay comentarios:

Publicar un comentario