A pouca
importancia que lle prestamos a auga, un ben fundamental para a vida, é síntoma
do pouco coñecemento existente sobre a mesma. O feito é que non nos damos conta,
pero a contaminación do aire, do solo, da propia auga, a deforestación, o
cambio climático... todo está afectando a esta sustancia é, por conseguinte, a
todo o noso planeta. Nesta viñeta reflíctese como a tala indiscriminada de
árbores, xunto coa seca que se está a producir en determinadas zonas do mundo,
está a destruír a paisaxe natural de moitos lugares onde non só se perde a vida
das plantas, senón tamén a vida de especies animais, converténdose en zonas
onde os seres humanos teñen difícil a subsistencia. O cambio climático está
a modificar os climas de moitas zonas e os meteorólogos prevén un descenso
significativo das precipitacións totais anuais. ¿Chegaremos ao extremo de ter
que imaxinar a chuvia?
Desgraciadamente tendremos que imaginar la lluvia si seguimos haciendo lo que estamos haciendo.
ResponderEliminarTendrían que existir más campañas de concienciación para que nosotros nos diésemos cuenta de que lo que estamos haciendo es lo incorrecto y que tendremos unas duras consecuencias...
Pois non sei se nós teremos que imaxinala...pero por desgracia xa hai persoas que soñan con ela a diario porque non a coñecen. As persoas que depende da terra para vivir son as que realmente valoran este fenómeno atmosférico. Como todo neste mundo, algunhas cousas soamente se valoran cando se perden.Pois hoxe non podemos gritar moi algo porque tal como anda a economía nalgunhas zonas a xente estase empezando a retirar de novo as aldeas e a volver traballar os campos...quizáis a máis de un/unha non lle viña mal vivir unha temporadiña na aldea para que aprender a valorar as cousas antes de criticar sen xeito...
ResponderEliminar