jueves, 22 de marzo de 2012

Feliz Día Mundial da Auga a tod@s!!!

Hoxe, día 22 de marzo, celébrase o Día da Auga en todo o mundo. Para orientarvos historicamente, compre dicir que o Día Mundial da Auga foi establecido na Conferencia das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e Desenvolvemento na cumbre de Río de Xaneiro do ano 1992.
Non é que só teñamos que darlle importancia á auga  este día, por dedicarllo especialmente a este recurso. Este día o que lembra e conmemora é o uso responsable da auga por parte de todos, pois é un ben imprescindible para a vida. Concretamente, neste ano, o Día Mundial da Auga ten como lema ”Auga e Seguridade Alimentaria”, tema que será tratado en tres eventos internacionais destacados: no Foro Mundial da Auga, no Día Mundial da Auga e na Semana Mundial da Auga. Nestes eventos abordaranse as relacións entre a auga e a produción de alimentos, así como a forma de alimentar unha poboación mundial en crecemento dentro dos límites dos nosos recursos hídricos.
Agora déixovos un vídeo elaborado pola ONU e a FAO para explicar a relación entre a auga e os alimentos. Lembrade que a auga é necesaria para a vida e, agora máis que nunca, coas alteracións climatolóxicas que estamos a vivir, é fundamental que a empreguemos con responsabilidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario