Esta fotografía foi feita o pasado venres, 23 de Abril de 2012 na
localidade de Sande, pertencente ao concello de Cartelle, na provincia de
Ourense. A idea da fotografía comezou preguntándolle á miña familia se coñecían
algún lugar que estivese moi contaminado, ao que a miña avoa contestou: claro
que si, cando eu era nova a xente tiraba gran parte do lixo nun monte. Así que
decidín ir a ese lugar, pensando que quizais xa non habería nada, dende os
tempos da miña avoa… Pero ao chegar alí a sorpresa foi maiúscula. Parece ser
que non só nos tempos da miña avoa (quizais por ignorancia) a xente tiraba o
lixo ao monte, non, atopei bolsos, caixas de plástico, sacos, bolsas,
ladrillos, baldosas, caldeiros, zapatos… É certo que moitos poden ser daquela
época, pero moitos víanse que aínda foran tirados recentemente, e actualmente
non temos a “escusa” do descoñecemento, polo que me pregunto: ¿por qué a xente
segue facendo iso? A verdade e que non atopo unha resposta: resúltalles moito
máis laborioso levar o lixo ata o medio do monte ca depositalo no contenedor
que teñen ao lado da casa, sofren o risco de seren multados, modifican unha
paisaxe tan bonita como son os nosos montes, e o máis grave: atentan contra o
medio ambiente, pois as botellas de plástico tardan de 100 a 1000 anos en
descomporse, os zapatos arredor de 200 anos, as botellas de vidro 4000 anos, as
bolsas de plástico 150 anos… anos, anos e máis anos que van acabando co noso
planeta ano a ano. E sen planeta, ¿Qué futuro temos? A resposta e obvia:
NINGÚN. Isto é algo que a xente debe coñecer, porque na miña opinión se a xente soubese as graves consecuencias de
tirar lixo no monte pensaríano dúas, tres ou mil veces antes de facelo. E,
¿Cómo conseguir que a xente saia da súa ignorancia e deixe de lado accións tan
prexudiciais tanto para o medio ambiente como para eles mesmos? Mediante a
educación. Ensinémoslles aos nenos que todos os seus actos teñen consecuencias
e que algunhas son moi graves, ensinémoslles a reciclar e reutilizar os
residuos, ¡¡¡ensinémoslles a querer o medio ambiente!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario